Nesta xornada aínda nos quedaron forzas para subir ata o Castelo dos Andrade, no que realizamos unha interesante ruta; descubrimos parte da historia medieval da contorna; e unha vez máis, puxemos en práctica as nosas aptitudes como actrices e actores.
Rematamos coa derradeira comida en Alvarella e despedímonos destes días nos que convivimos, aprendemos, desfrutamos moito e levamos un gran recordo.









