Este último trimestre traballamos a estrutura da entrevista e, para dar continuidade ao proxecto MareSada, decidimos empregar a temática do mar. Xa que dentro da nosa aula eran varias as persoas que tiñan algún vínculo con el, entrevistamos a:
Fernando Montes Lista, avó de Marcos e afeccionado á pesca desde hai máis de 40 anos, contounos a súa experiencia non so a través da entrevista senón ao rematar esta, xa que respondeu ás nosas preguntas e compartiu con nós unha parte da mañá moi agradable.
Premendo na primeira imaxe accédese á entrevista
Pilar López-Rioboo Ansorena, avoa de Nira e directora xeral do ISM do 2007 ao 2010, explicounos para que serve o Instituto Social da Marina, así como as Casas do Mar. Con ela descubrimos aspectos novos relacionados co noso proxecto que ata entón descoñeciamos. Grazas a súa visita coñecemos e reflexionamos sobre a importancia destes organismos para as persoas que traballan no mar.
Premendo na primeira imaxe accédese á entrevista.
Martín e Nico, os nosos compañeiros de clase compartiron con todos nós os seus coñecementos e experiencias en torno ao mar. Ambos os dous teñen gran paixón pola pesca e seguro que formarán parte da seguinte xeración de mozos sadenses afeccionados a esta arte.
Premendo na primeira imaxe accédese á entrevista.






