Que mellor xeito de comezar o mes de xuño que coa saída de fin de primaria. A piques de rematar o curso, viaxamos ata Alvarella para comezar a nosa andaina de tres días.
O bo tempo acompañounos e puidemos desfrutar dunha mañá estupenda practicando KaiaK, tiro con arco, estampación de camisetas e...sorpresa, piscina!!









