A Torre de Hércules

Hoxe viaxamos ata a cidade herculina para afondar e ver "in situ" o que estivemos a traballar na aula. Relacionado co proxecto deste ano, "O mar", e dentro da proposta do EDLG,  no que cada curso investigará sobre un faro, visitamos a Torre de Hércules. A pesar das intensas chuvias durante o traxecto, unha vez alí desfrutamos da visita sen auga. Unha guía acompañounos e compartiu con tod@s información relevante, anécdotas, historias e algunha que outra  lenda que compartiremos con tod@s vós en breve.