Música tradicional galega

Esta semana, o alumnado de sexto de primaria asistimos a un concerto e mostra de instrumentos da música tradicional galega. Puidemos escoitar e coñecer a gaita, a zanfona, o bombo ou o tamboril e outros, quizais menos coñecidos, denominados idiófonos (instrumentos de percusión que producen o son pola vibración do seu corpo).