O pasado sábado, 2 de maio, celebrouse o Día Mundial contra o Acoso Escolar.
O alumnado de 6º curso viaxamos hoxe ata a Fundación Mª José Jove en A Coruña. Alí, agardaba por nós un membro da asociación ADAFAD, especialista na materia, acompañado dunha persoa que compartiu con nós a súa propia experiencia de acoso escolar durante anos. A través da escoita e participación activa recibimos orientacións para previlo.

