Esta proba lúdica ten como obxectivo a inclusión e visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. Habitualmente realízase no mes de decembro, pero este curso trasladouse ao 30 de abril. Como é tradición, o alumnado de sexto colaborou na organización e desenvolvemento da mesma. Foi unha xornada de absoluta convivencia e pasámolo xenial!














