Seica unha canción popular di: "O entroido deste ano, non sabemos de onde veu..." mais na nosa aula ben sabemos que todo se echeu de vida mariña: desde fermosas ALGAS ata coloridos BIVALVOS e CRUSTÁCEOS!
Despois do traballo, chegou o tempo de compartir os disfraces co resto de compañeiros a través dun orixinal desfile. Completamos o día co baile; a merenda, con doces propios do Entroido; e rematamos con máis troula na aula. Pasámolo moi ben!
FELIZ ENTROIDO!

FANTÁSTICAS ALGAS MARIÑAS






