Dentro do proxecto do centro MareSada e relacionado co traballado na aula sobre as Carpinterías de Ribeira, viaxamos ata Ferrol para visitar o Museo da construción Naval da cidade.
Premendo na primeira imaxe podedes acceder a información sobre este:
Comezamos cun obradoiro relacionado cos nós mariñeiros máis empregados.
Unha vez finalizado, desprazámonos polas instalacións e as diferentes salas. Explicáronnos que é un astillero, así como unha breve introdución ás súas orixes, funcionamento e evolución no país.
Na aula, investigamos sobre as carpinterías de Ribeira e durante a visita puidemos aprender máis sobre elas.
Coñecemos distintos tipos de embarcacións, materiais, usos, partes, así como as diferenzas entre unhas e outras.
Por último, visitamos unha simulación de parte do interior dun barco antigo e un actual.











