O pasado 3 de decembro foi a data adicada as persoas con discapacidade. Na aula de 6º B abordamos, esta semana, algunhas das diversas discapacidades. Fixémolo a través da visualización das curtas compartidas polo Departamento de Orientación, así como das lecturas e análise de contos e outros documentos.
Finalmente, completámolo cunhas breves investigacións grupais e a través dunha actividade plástica relacionada co traballado.






