Escoitastes o programa de radio "O Tarabelo nas ondas"? Entón, xa sabedes en que consiste este proxecto. Tamén sabedes que durante este trimestre, en sexto B, investigamos sobre a Torre de Hércules. Se non tivestes oportunidade de facelo, compartimos con vós o audio premendo na imaxe.
Un día, chegou á aula un folleto sobre este faro e, organizados en diversos grupos, comezamos a buscar información sobre el. A verdade é que traballamos moito, pero gustounos e vaia se aprendemos.
Un chuvioso día de novembro...viaxamos ata A Coruña para visitar a Torre de Hércules. Alí, aprendemos, desfrutamos e completamos a nosa investigación. Unha vez na aula, despois de melloralo, o proxecto quedou listo! Se queredes saber máis, elaboramos unhas presentacións que podedes ver a continuación:

