Comezamos un novo curso no Colexio do Benquerer centrándonos no ámbito da socialización e da diversidade a través da actividade "Desmontando a beleza".
Algunha vez vos preguntastes que é a beleza? Quizais non, pero...sabedes diferenciar entre unha persoa bela e outra que non o é? Se cadra... é máis doado, non si? Ou non! O que para uns é beleza para outros non o é...
Na aula, estivemos a desenvolver esas cuestións do seguinte xeito:
Iniciamos coa visualización dun vídeo no que se analizan tanto as causas que fan que a sociedade occidental se deixe levar por determinados cánones de beleza como as consecuencias que isto ten.
A continuación, descubrimos como foi cambiando o ideal de beleza ao longo da historia e como varía en función da nosa cultura.
Por último, tras debater e sacar as nosas conclusións, plasmamos o traballado durante a xornada a través de noticias.








