Hoxe, finalmente, alumn@s de sexto B abriron as portas do "Túnel do terror", no que puideron participar  as persoas que así o quixeron. Para uns máis terrorífico, para outros menos, pero os responsables traballaron e esforzáronse moito na súa creación. Moitos parabéns!
Ademais celebramos o tradicional magosto coa degustación das castañas e rematamos cun desfile cheo  de  aterradores disfraces.







