Cada 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral. O alumnado de sexto curso quixemos acompañar a ASPACE Sada, as persoas e familiares implicados, así como representantes institucionais que asistiron ao acto, celebrado na nosa localidade.
Baixo o lema "Xa toca" compartimos unha xornada na que, as persoas afectadas, trasladaron as súas realidades e necesidades con todos nós. A continuación, redactamos unhas mensaxes reivindicativas e, por último, tras as lecturas dos manifestos, realizamos unha timbrada colectiva.
Agardamos que isto contribúa a construír, entre todos, unha sociedade máis xusta.