EDUCANDO NA BIOSFERA. CIEC Betanzos.

Esta semana viaxamos ata Betanzos para coñecer o CIEC. A actividade, subvencionada polo concello de Sada, desenvólvese dentro do  programa educativo "Educando na Biosfera" da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, 
Ademais de coñecer o Centro Internacional de Estampa Contemporánea, a súa colección e parte das exposicións temporais, realizamos un taller de estampación.  Moitas grazas a Miguel, Pablo e María.