Durante o mes de maio, o alumnado de 5º curso traballamos a Idade Media e o Camiño de Santiago. Que mellor que viaxar ata a capital de Galicia para coñecer "in situ" parte do aprendido na aula.
Comezamos realizando un pequeno roteiro polas rúas do casco histórico da cidade para ollar algunhas das rúas e edificios máis relevantes.
A continuación, acompañados por Paula, a nosa educadora, coñecemos varias salas do Museo do Pobo Galego, así como o panteón de galegos ilustres.
Despois do tempo para a comida e o lecer, trasladámonos ata a Catedral para subir ás súas cubertas e, por último, visitar o museo da mesma.
Desfrutamos dun marabilloso día no que combinamos a aprendizaxe coa diversión!