Hoxe, participamos nun novo obradoiro do programa educativo "Educando na Biosfera" da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, subvencionada polo concello de Sada.
En primeiro lugar, Silvia, unha das monitoras que nos acompañou, deunos pautas para elaborar o noso cómic e, a través de personaxes e historias, explicounos os problemas e ameazas aos que pode estar exposta a nosa contorna natural.
A continuación, seguimos as pautas dadas e creamos os nosos bocetos.
Po último, realizamos unhas fantásticas historias!
Moitas grazas, desfrutamos e aprendemos moito!