Hoxe, xoves 24 de abril, celebrouse unha nova xornada de educación física na rúa. O alumnado de 5º puidemos desfrutar dunha xornada de convivencia cos compañeiros/as do CEIP Pedro Barrié de la Maza e CEIP Pluringüe O Mosteirón.
Co obxectivo de promover e dar a coñecer as vantaxes da práctica do exercicio físico, así como o seu valor inclusivo, realizamos múltiples actividades. Moitas grazas ás entidades colaboradoras: ENKI, ASPACE Coruña e a Escola de Danza Carmen López.
Premendo na imaxe accédese a outras da xornada.