Hoxe iniciamos unha primeira achega ao concepto de Intelixencia Artificial (IA), da man do programa Digicraft.
Ao longo do trimestre pasado, varios docentes da escola participaron nunha formación sobre esta temática. Hoxe, durante a sesión de música, aproveitamos para comezar esta aventura.
Durante esta primeira sesión realizamos diferentes actividades, entre elas "De que planeta es?", coa que exploramos e entendimos como funciona unha IA. Tamén estivemos esbozando debuxos para tratar de entender como unha IA interpreta posibles "garabatos" debuxados que representan a obxectos cotiáns que todos empregamos.





