Colexio do Benquerer

 Continuamos co programa do colexio do Benquerer. Nesta ocasión, a través da  actividade que ten como título "Compoñendo familias", afondamos na diversidade.

Analizamos tanto os distintos tipos de familias como os membros polos que están compostas cada unha delas, empregando  os recursos facilitados pola Fundación Meniños e  o propio debate na aula. Por último, creamos "As nosas familias" con variadas situacións e compoñentes.

                                        


  

Preme no noso mural das "familias con amor" para ver as distintas realidades creadas por nós mesmos.