Damos continuidade ao desenvolvemento do Programa de Benestar Emocional do centro coa segunda actividade do trimestre. Nesta ocasión, afondamos no autocontrol ante situacións difíciles para nós.
Tras a proxección dunha curtametraxe, analizamos o seu contido e trasladámolo a situacións cotiás para nós.
PACIENCIA foi a palabra máis repetida entre todos, xa que aprendemos que o contrario, a impaciencia, leva ao abandono. Con tenacidade foi como o protagonista conseguiu o seu obxectivo.