TEI (Titoría Entre Iguais)

 Xa somos titores TEI!

Estamos en quinto e temos unha gran oportunidade: titorizar os nosos compañeiros máis pequenos. Durante o mes de outubro, con Lucía, a orientadora do colexio, recibimos información, formación e...

  

Asinamos o noso contrato: titores TEI, unha gran responsabilidade!

  

 

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, Rebeca Mouriño, fixeron entrega dos diplomas como titores ao alumnado de 5º A e 5º B.

Preme na imaxe para ver outras da xornada.


Rematamos o mes coñecendo os nosos titorizados a través dunha actividade colectiva, que coincidiu coa celebración do magosto:
Primeiro, coñecemos os nosos titorizados de 3º



A continuación, decoramos os recipientes para as cabazas e realizamos unhas pulseiras como recordo e símbolo do TEI.