A última saída do curso foi grazas ao programa educativo Educando na Biosfera, da Reserva da Biosfera Terras do Mandeo e Mariñas Coruñesas. Nesta ocasión viaxamos ata o concello de Bergondo para coñecer o valor da zona intermareal, tanto pola súa flora como fauna. Unha vez alí, e tras as explicacións dos monitores, coñecemos algunhas das especies da nosa contorna.






